-->

O Concello de Padrón celebra en maio o 'Mes das letras'

O Concello de Padrón, a través do seu departamento de Cultura, deseñou un programa de actividades virtuais a través de Facebook para celebrar durante o mes de maio 'O Mes das Letras 2020', coincidindo co día das letras galegas no 17 de maio -malia que a causa da pandemia da COVID-19 este ano aprazouse a súa celebración-.  A primeira das actividades organizadas polo goberno local é o concerto a Dúo de Mamá Cabra, un grupo galego de música infantil, que cos seus ritmos conquista a nenos e nenas e tamén a maiores. 

A segunda actividade do programa está prevista para o 17 de maio, cando estará dispoñible a través das novas tecnoloxías da información o espectáculo de narración oral con manipulación de obxectos de Atenea García "Sal sopa figueira". E como broche final o espectáculo de narración de Pablo Sánchez, "Os contos de Pablísimo" estará dispoñible a partir do venres 22 de maio. 

Todas estas actividades plantexanse para o público familiar. 

 

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…