-->

Servizos Sociais do Concello de Padrón cobre as necesidades das persoas que non poden sair da casa durante o estado de alarma

A Comisión de coordinación para a seguridade e o benestar cidadá polo COVID-19 reuniuse onte para abordar e organizar o traballo dos distintos organismos municipais na xestión desta crise sanitaria. O obxectivo deste grupo é facilitar a cooperación dos distintos equipos que operan e interveñen no municipio en relación co Real Decreto 8/2020, mediante o cal o Executivo estatal declarou o estado de alarma para afrontar a situación de emerxencia sanitaria derivada da propagación do virus COVID-19. 

A Comisión, presidida polo Alcalde do Concello de Padrón, está conformada polo Concelleiro de Emerxencias de Padrón, o Xefe en funcións da Policía Local de Padrón, o Xefe do grupo do GES, o Responsable de Protección Civil, a Coordinadora de Voluntariado e Prevención de riscos laborais do Concello, o Comandante do Posto da Garda Civil na vila, e o Xefe de Servizo do Centro Médico padronés. 

Na Comisión establecéronse protocolos de actuación para garantir, a través dos Servizos Sociais, a cobertura das necesidades básicas de todas aquelas persoas infectadas polo virus. Do mesmo xeito, marcáronse pautas para proceder a desinfección de todos aqueles espazos comúns que teñan transitado aquelas persoas que na proba de coronavirus desen positivo, por exemplo os edificios nos que residan limparanse en profundidade. Actualmente, e de xeito periódico, distintos equipos están desinfectando todas as rúas do concello, os espazos públicos e municipais, así como os contedores de lixo. E con produtos específicos tamén se procedeu a limpeza do Centro Médico e dos distintos edificios municipais. Antonio Fernández Angueira destacou a “importancia de manter estos servizos, de incidir na desinfección e de traballar para dar resposta a todas as necesidades dos veciños de Padrón nesta situación tan complicada”. 

Servizos Sociais

Por outra banda, actualmente, o Concello ten unha listaxe de persoas que viven soas, e o propio rexedor de Padrón púxose en contacto con elas, vía telefónica, para coñecer de primeira man as súas necesidades. A diario os equipos de voluntarios, coordinados cos Servizos Sociais e ca Policía, están pendentes das necesidades dos cidadáns maiores ou dos máis vulnerables. De feito, durante o estado de alarma e a situación de emerxencia sanitaria, o departamento municipal de Servicios Sociais e Protección Civil están levando medicamentos, alimentos e bens de primeira necesidade a todas aquelas persoas que non poden sair da casa.

En canto a necesidade de material sanitario, concretamente de mascarillas FFP2, o Alcalde explicou que desde o Concello están poñendo todos os medios dispoñibles e seguen trabajando para que non haxa ningunha carencia. De feito, recentemente solicitaron a Barcelona o envío dunha tela especial homologada para confeccionar mascarillas. O equipo de voluntarias da terceira idade de Padrón entregaron esta semana 800 mascarillas para o persoal sanitario de Padrón.

En relación coas denuncias por vulnerar o confinamento decretado, en Padrón tramitáronse un total de seis, e os axentes continuan vixiando as zonas urbanas e as rurais. Se ben, a Policía sinalou que, en xeral, a poboación está cumprindo coa normativa, a pesar da existencia dalgunha excepción. Asimesmo, os equipos de seguridade tamén están especialmente atentos aos casos de violencia de xénero para detéctalos e actuar coa maior celeridade posible.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…