Print this page
-->

O martes 31 de marzo abrese o prazo para solicitar as bolsas de comedor escolar durante a situación de suspensión polo COVID-19

O DOG recolle hoxe a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación durante a situación de suspensión do servizo de comedor a consecuencia do COVID-19, con levantamento dos plazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

A quen vai dirixido?

A todas as familias cuxos fillos e fillas fagan uso do comedor escolar, e que non pagan ou pagan 1 €. Por tanto, aqueles que aboen unha cantidade de entre 2,5 e 4,5 euros, non poderán solicitar as axudas. 

 

Que tipo de axuda se vai percibir?

A todos aqueles alumnos e alumnas que non paguen comedor escolar, axudaraselle con 2,5 euros ao día, e os que paguen 1 euro polo servizo recibirán 1,5 €.

 

Que período cubre esta axuda?

A axuda comprenderá dende o 16 ao 31 de marzo e di 1 ao 3 de abril , é dicir,  un total de 14 días lectivos. Se ben, no suposto de que se alargue a situación de peche do centro poderían incluirse 14 días lectivos a maiores.

 

Como solicitar a axuda?

Formulario disponible na páxina web da xunta Galicia: https://sede.xunta.gal

Se non se ten acceso, pode chamar ao centro ao teléfono 881 866 255 ou enviar un email ao correo do colexio -Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. -, indicando os seguintes datos:

Asunto: Axudas Comedor Escolar

Datos:

Nome e apelidos da nai/pai ou titor titora legal e DNI

Nome e apelidos do/da alumno/a e Curso

Indicar que tipo de pagamento fai o menor: gratuito ou 1 €

Nº conta bancaria onde se quere que ingresen a axuda

Prazos

O prazo para solicitar esta axuda abrese mañá, martes 31 de marzo, e finaliza o vindeiro 6 de abril. Posto que os días 4,5 e 6 de abril son festivos e non son días lectivos, se precisa a colaboración por parte da dirección do Centro educativo, debe poñerse en contacto antes do venres 3 de abril. 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…