Print this page
-->

Documentos oficiais e información útil sobre o COVID-19 e o estado de alarma

O BOE publicou hoxe o Real Decreto Lei 10/2020 polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas que traballan por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a movilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.

Máis información e documentación

Aquí podes consultar a resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. 

Neste enlace tes acceso ao Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. E aquí podes consultar o Real Decreto-lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19. 

Empresas e autonómos

Nesta páxina atoparás as medidas urxentes de emprego asumidas en Galicia para minimizar o impacto do Coronavirus. Ademais, a Xunta ten habilitada a Liña Empresas, un teléfono gratuíto para atender consultas sobre a tramitación dos ERTE: 900 815 600

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…