Print this page
-->

O alcalde de Padrón mostra o novo proxecto da residencia de maiores á conselleira de Política Social

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Agueira, acompañou esta tarde á conselleira de Política Social, Fabiola García, para mostrarlle o proxecto de construción da futura residencia de maiores municipal. A Xunta colaborá no financiamento deste novo centro para persoas da terceira idade.

A previsión da conselleira de Política Social é que neste primeiro trimestre do ano se firme o convenio entre Concello e Administración autonómica para materializar este compromiso, que posibilitará, en primeiro lugar, a redacción do proxecto. O centro, que contará con 3600 metros cadrados e 60 prazas, será posteriormente de xestión municipal.

O rexedor destacou nesta xornada a importancia de coidar aos nosos maiores, e por tanto de por a súa disposición o maior número de recursos posibles. Pola súa parte, a conselleira sinalou os beneficios de colaborar entre administracións para achegar os mellores servizos ao maior número de persoas posible. E, no caso de Padrón, puxo como exemplo o servizo de axuda no fogar co que se atende, grazas á colaboración entre Xunta e Concello, a máis de 50 persoas.

 
Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…