Print this page
-->

Aberta a inscrición á XVIII Carreira 10K de Padrón

A XVIII Carreira 10 K de Padrón xa está en marcha, onte abriuse a inscrición para todos aqueles interesados en participar, e esta mañá o Concelleiro de Deportes, acompañado por varios membros da corporación local, presentou o cartel oficial da Carreira. O prazo de inscrición de participantes pecharase o mércores 12 de febreiro de 2020 ás 23:59 horas, e poden realizarse a través da web www.emesports.com . A inscrición é gratuíta ata os 16 anos, e os adultos deberan aboar unha taxa de 6 euros.

Se queres consultar o regulamento, pódese facer na seguinte ligazón.

As categorías establecidas para esta xornada deportiva son as seguintes:

Pitufo F/M:Nadas/os en 2016e posteriores.

Prebenxamín F/M:Nadas/os en 2013, 2014 e 2015

Sub 10F/M:Nadas/os en 2011e 2012

Sub 12F/M:Nadas/os en 2009 e 2010

Sub 14F/M:Nadas/os en 2007e 2008

Sub 16F/M:Nadas/os en 2005e 2006

Sub 18F/M:Nadas/os en 2003e 2004

Sub 20F/M:Nadas/os en 2001e 2002

Sub 23F/M:Nadas/os en 1998, 1999 e 2000

Senior F/M:Nadas/os entre 1985e 1997

MásterAmasc/fmno:Nadas/osentre 1974e 1984

Máster Bmasc/fmno:Nadas/os entre 1964e 1973

Máster C masc/fmno:Nadas/os en 1963e anteriores.

 * As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas.

 

A recollida de dorsais realizarase o propio día da proba no Pavillón do Souto –Campo do Souto – entre as 11:30 e as 13:00 horas, ou dende as 15:00 horas ata media hora antes do inicio da proba-. Os atletas sen dorsal serán descalificados.

Ademais dos premios en metálico que oscilan entre os 200 e os 50 euros para os participantes a título individual, e entre 250 e 75 euros para os equipos

federados, haberá outros obsequios e agasallos por parte de Termas de Cuntis, Vermú St.Petroni e Supermercados Froiz.

A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o primeiro equipo que menos puntos acade. En caso de empate, gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.

Na carreira haberá servizos de duchas, sinalización kilométrica, gardaroupa, fotografía profesional, avituallamento intermedio (km5) e en liña de meta, dúas ambulancias, dos médicos e dous sanitarios, seguro de accidente deportivo e servizo de masaxes.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…