-->

O GES de Padrón incrementa a súa flota cun novo vehículo da Xunta para as emerxencias

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón recibiu hoxe un novo vehículo co que reforzar o seu equipamento de emerxencias O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse á vila para facer a entrega oficial. Ao acto asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo; o delegado territorial da Xunta en A Coruña, Ovidio Rodeiro; e o alcalde de Padrón, Antonio Fernández.

Antonio Fernández subliñou "a sensibilidade do Goberno autonómico coas necesidades dos cidadáns respeto as emerxencias", e agradeceu o "apoio do Executivo galego a nosa comarca, na que as emerxencias quedan agora plenamente cubertas". Alfonso Rueda, pola súa parte, destacou que este novo vehículo permite actuar con maior mobilidade e garante a eficacia e a seguridade en intervencións como incendios urbanos, forestais ou industriais, así como en accidentes de tráfico con feridos ou en rescates.

Trátase dun camión tipo Bomba Rural Pesada (BRP) totalmente equipado para todo tipo de intervencións tanto en áreas urbanas como do rural, e no que investiu preto de 200.000 euros. O camión entregado ao GES de Padrón conta con tracción integral 4x4, unha cisterna de auga de 3.000 litros e unha bomba centrífuga con presión combinada para o lanzamento de auga tanto en alta como en baixa presión. Ademais, dispón de equipos de radio dixital homologado co que acceder á Rede Corporativa de Comunicacións Móbiles Dixitais de Seguridade e Emerxencias de Galicia.

O vicepresidente da Xunta incidiu no compromiso do Goberno galego coa atención ás emerxencias para dotar aos efectivos das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e aos GES dos medios materiais que precisen para levar a cabo o seu traballo nas mellores condicións. Desta forma, coa dotación de equipamento a Xunta contribúe a que o servizo que ofrecen os profesionais de emerxencias e a súa resposta ante calquera intervención sexa o máis áxil e eficiente posible e que a atención estea garantida en toda a comunidade de forma homoxénea.

 
Imaxes relacionadas

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…