-->

O ximnasio municipal amplía o seu horario

O horario do ximnasio e da piscina municipal do Concello de Padrón ampliase nas horas centrais do día para atender as necesidades de todos os veciños da vila. Dende o 2 de xaneiro as instalacións deportivas permanecen abertas dende as 8:00 ás 22:445 horas, de forma ininterrompida nas xornadas dos martes e dos xoves.

Esta mañá o alcalde, Antonio Angueira, e o concelleiro delegado de Deportes, Ángel Rodríguez, visitaron as instalacións para coñecer de primeira man as impresións de usuarios e traballadores do centro. E a conclusión é moi positiva, xa que todos eles están moi satisfeitos con esta ampliación.

Así mesmo, co inicio do ano estreouse a pegada dixital, un sistema actualizado para acceder a estas instalacións deportivas. De feito, os usuarios que asistan ao ximnasio entres as 13:00 e as 16:45 horas os martes e xoves deben rexistrar a pegada dixital previamente, xa que a recepción permanecerá pechada durante ese horario e non se poderá, por tanto, adquirir entradas por libre ou realizar xestións.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…