-->

‘Las damas del canapé’, de Juan Carlos Fernández León, gaña o XXX Premio Literario Camilo José Cela

A obra Las damas del canapé, de Juan Carlos Fernández León, é a gañadora do concurso de narrativa XXX Premio Literario Camilo José Cela. O xurado do certame tomou o acordo por unanimidade, tras varias valoracións e votacións, na súa reunión deste mediodía no Salón de Plenos do Concello de Padrón. Ao concurso presentáranse un total de 148 relatos.

Las damas del canapé, que se presentou co lema Ana Celeste, foi valorada pola súa orixinalidade e estrutura. O xurado destaca “a descarada voz narrativa que rompe as fronteiras do relato para dirixirse a un xurado ‘real’ ao que provoca, esixe e orienta na necesidade da situación idónea para comprender calquera experiencia de lectura”.

O autor

Juan Carlos Fernández León, madrileño residente en Fuenlabrada, é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Complutense de Madrid. Na actualidade traballa como profesor de lingua e literatura nun Instituto de Educación Secundaria. É autor de relatos publicados en antoloxías colectivas e colabora nas revistas literarias Eñe, El problema de Yorick, Cuaderno Sie7e, Culturamas e Cuadernos del Matemático.

Entre outros premios, foi galardoado co XX Tiflos polo libro de contos De sótanos y azoteas, o Premio Nacional de Periodistas de Ávila, o Villa de Mazarrón-Antonio Segado del Olmo, o de Alsa ou o recente José Calderón Escalada. Foi finalista do Max Aub, de La Felguera, do Encarna León e do da UNED.

O xurado

O XXX Premio Literario Camilo José Cela 2019 tivo como xurado o seguinte:
- Presidenta: Lorena Couso, concelleira de Cultura do Concello de Padrón.
- Vogais:

  • Anxo Abuín, profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago (hoxe con ausencia xustificada por motivos laborais).
  • Carmen Becerra, profesora na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
  • Beatriz Vázquez, licenciada en filoloxía inglesa.
  • Juan Casas, profesor na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.
  • Carlos Arias, funcionario da Consellería de Cultura da Xunta.

- Secretaria: Mª Cruz Taboada, funcionaria do Concello de Padrón.

O premio

Este certame, convocado polo Concello de Padrón para relatos orixinais e inéditos cunha extensión de entre 12 e 25 folios, ten un premio de 1.500 euros e unha estatuíña de Camilo José Cela. O certame, creado en outubro de 1989, serve de homenaxe perpetua á figura humana e literaria do autor nado en Iria Flavia, Premio Nobel de Literatura naquel ano.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…