-->

O Concello de Padrón licita as licenzas de uso de 230 parcelas para os postos e atraccións da Pascua

 

O Concello de Padrón vén de sacar a licitación as licenzas de uso dun total de 230 parcelas para a instalación de postos de venda e atraccións feirais durante as Festas da Pascua de 2019 e 2020 no Campo do Souto, no Paseo do Espolón e nas rúas da contorna.

Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez, aínda que o número global de parcelas supera as 400, nestes momentos quedan dispoñibles estas 230 que saen a licitación e que se destinarán á instalación de atraccións de tipo mecánico e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda de comidas e/ou bebidas, roupa e complementos, bisutería, marroquinaría, música, artesanía e produtos semellantes, así como para a exposición de maquinaria agrícola.

Os interesados en participar na licitación poden informarse no teléfono 981 81 04 51 e dispoñen de oito días naturais para presentar no Concello a solicitude e a documentación requerida.

 

DOCUMENTACIÓN DA LICITACIÓN DAS PARCELAS DA PASCUA

  • Prego de condicións que rexerán a licitación das autorizacións para o uso temporal do dominio público municipal para a instalación de atraccións feirais no Concello de Padrón con motivo das Festas de Pascua 2019 e 2020 (Ver PDF) Publicado o 21 de marzo de 2019
  • Anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) de licitación das licenzas de uso das parcelas da Pascua nos exercicios 2019 e 2020 (Ver PDF) Publicado no BOP o 21 de marzo de 2019
  • Modelo de declaración da actividade (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Modelo de oferta económica (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo A: Impreso de autoliquidación da taxa pola instalación no dominio público municipal de atraccións feirais con motivo das Festas da Pascua do Concello de Padrón (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo II: Zona A (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo III: Zona B1 (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo IV: Zona B2 (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo V: Zona C (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo VI: Zona D1 (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo VII: Zona D2 (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo VIII: Zona D3 (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo IX: Zona D4 (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo X: Zona E (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019
  • Anexo XI: Plano xeral (Ver PDFPublicado o 21 de marzo de 2019

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…