-->

 

Diversas actividades divulgativas sobre a lamprea abriron nas últimas semanas nos centros educativos de Padrón a programación das "V Xornadas Gastronómicas da Lamprea", que se desenvolverán os vindeiros días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 e que contarán coa participación de nove restaurantes. Os "menús lampreeiros", que se poderán degustar previa reserva, terán un prezo de 30 euros/persoa.

A actividade divulgativa denominada "Máis alá das nasas - Descubrindo a lamprea a través do xogo", levouse a cabo nos centros educativos de Pousada, Arretén, Pontecesures, Extramundi e A Escravitude. Nela, os cativos interpretaron un conto vivo con explicacións sobre a lamprea e posteriormente elaboraron debuxos de lampreas que xa están a exhibirse en diferentes establecementos do centro de Padrón. Estes debuxos serán protagonistas o venres a partires das 17.30 horas nunha xincana da lamprea orientada ao público infantil, que terá que localizar os diferentes debuxos. Ademais, estas actividades divulgativas inclúen unha nova sesión de traballo na que os escolares elaborarán os materiais para "Os xogos da lamprea".

Nove restaurantes

Nesta quinta edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea de Padrón, os establecementos que ofrecerán "menús lampreeiros" son os seguintes: Restaurante O Secreto, Restaurante Scala, Restaurante Chef Rivera, Casa Farrucán, Restaurante A Casa dos Martínez, O Alpendre, Bar Cafetería H2O, Restaurante Gaia (A Casa da Corredoira) e Os Carrisos. Entre todos eles poderanse degustar alomenos unha quincena de pratos elaborados con lamprea, sendo a "lamprea á bordelesa" a receita máis común.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…