-->

Exitosa xornada de presentación e exhibición das Forzas Armadas no Pavillón do Souto

 

O Pavillón do Souto en Padrón acolleu durante todo o día de hoxe unha exitosa xornada de presentación e exhibición das Forzas Armadas, que contou pola mañá coa presenza de alumnado dos CEIP Rosalía de Castro e Flavia, que gozaron dos xogos, das exposicións e dos circuítos infantís, así como das exhibicións dos cans detectores de drogas e explosivos.

O teniente de alcalde de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, resaltou que "a finalidade desta xornada era darlle visibilidade ao labor dos soldados e achegar ás Forzas Armadas á sociedade, co obxectivo de facilitar e fomentar o coñecemento e a conciencia sobre a importancia da área de Defensa, ao mesmo tempo que se presentaba a profesión militar como unha opción laboral a ter en contra dentro da oferta de emprego público que realiza a Administración Xeral do Estado".

Xunto con Rodríguez Conde, á inauguración da xornada asistiron os alcaldes de Rois e Pontecesures, Ramón Tojo e Manuel Seage, respectivamente; o delegado de Defensa na Coruña, Antonio Bernal; e o teniente-coronel Xefe da Área de Reclutamento na Coruña, Arturo Suárez Blanco.

Nesta xornada participaron efectivos da Unidade de Buceo da Armada de Ferrol coa exposición de material, un equipo de desactivación de explosivos, o Tercio de Infantería da marina con equipos individuais dos soldados, a Unidade de cans detectores de drogas e explosivos, un simulador do Órgano de apoio ao persoal da Armada de Ferrol; unha embarcación Rhib, equipos e materiais contraincendios, un vehículo Vamtac da Brigada de Infantería "Galicia VII", etc.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…