-->

Festexos lembra que o prazo de pagamento dos postos autorizados da Pascua remata o venres

 

O concelleiro de Festexos de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, lembra aos titulares das atraccións e instalacións feirais autorizadas para as Festas da Pascua que o prazo de pagamento da taxa pola utilización das parcelas adxudicadas no período 2017-2020 remata o vindeiro venres, tal e como recolle o anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o pasado día 23.

Para efectuar o pagamento, os titulares das autorizacións deberán ingresar o importe correspondente na conta do Banco Sabadell IBAN: ES82 0081 2281 9500 0100 0309, facendo constar obrigatoriamente o nome do adxudicatario, o seu DNI ou CIF, a zona de parcela adxudicada e o texto "Posto Festas de Pascua 2018".

No suposto de que os titulares das instalacións autorizadas non efectúen o ingreso no prazo sinalado, o concello dará por extinguida dita autorización, que lle será adxudicada ao licitador coa seguinte oferta economicamente máis vantaxosa, de acordo coa listaxe realizada no seu día pola Mesa de Licitación. No seu caso, para aquelas parcelas que queden libres, o concello incluso poderá convocar un novo procedemento de axudicación.

Ángel Rodríguez Conde apunta tamén que as datas para a montaxe e desmontaxe das instalacións e atraccións autorizadas xa quedaron establecidas por decreto. Así, o comezo da montaxe poderá realizarse desde o día 18 de marzo a partires das 19.00 horas, unha vez recollido o mercado dominical e realizada a limpeza do recinto; pola súa parte, a data límite para a desmontaxe será o día 13 de abril ás 00.00 horas.

En canto ao comezo das festas e a posta en funcionamento das actividades, o decreto establece como data de inicio o 25 de marzo, domingo de Ramos, e como data de finalización e cese do funcionamento das actividades, o 8 de abril, domingo de Pascuilla.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. More details…