-->

Padrón, Ames e Brión presentarán en Fitur un proxecto conxunto dunha Ruta Rosaliana

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e os seus homólogos de Ames, José Miñones, e Brión, José Luis García, presentarán o vindeiro venres en Madrid na Feira Internacional de Turismo (Fitur) un proxecto conxunto dunha Ruta Rosaliana denominado "As pegadas de Rosalía".

Esta iniciativa, que pretende achegar a vida de Rosalía de Castro a toda a poboación, desenvolve un itinerario cultural a partires dunha ruta xa existente deseñada polo intelectual dodrense Avelino Abuín de Tembra e que une os concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Padrón e Dodro.

Dito itinerario está concebido para que os usuarios poidan percorrelo en autobús, a pé ou en bicicleta e pasa por lugares como San Xoán de Ortoño (Ames), a igrexa de Bastavales (Brión), a colexiata de Iria Flavia (Padrón), o Pazo de Arretén (Padrón) e a Casa de Rosalía de Castro (Padrón).

Fernández Angueira avanza que "trátase dun novo produto turístico e cultural que responde ás actuais demandas dos viaxeiros, como son a busca de inmersión en destino, o respecto á identidade do territorio, o contacto coa poboación local ou a protección do medio ambiente, por exemplo".

O rexedor padronés agradece a colaboración prestada durante o proceso de creación da ruta "As pegadas de Rosalía" por parte de Xosé Vizoso, autor do deseño da portada do material promocional, e por parte do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que tamén asistirá á presentación, pola cesión de imaxes e o material documental empregado.

A presentación de "As pegadas de Rosalía" terá lugar o venres 19, a partires das 10.30 horas, no stand que Galicia terá en Fitur, no pavillón nº 9 de Ifema, e será aberta a todas as persoas que queiran achegarse.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…