Print this page
-->

A Xunta entrégalle ao Concello de Padrón un equipo de excarceración para o GES

 

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e o concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, recolleron hoxe en Riveira un equipo de excarceración para ser utilizado polo Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) que dá servizo tamén aos concellos de Dodro e Rois.

Á entrega deste equipamento de emerxencias asistiron por parte da Xunta de Galicia o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o delegado territorial na provincia da Coruña, Ovidio Fernández Rodeiro, que tamén aportaron remolques de emerxencias e outro material a outros oito concellos da provincia.

O equipo de excarceración recibido polo Concello de Padrón inclúe unha bomba motor, mangueiras, unha cizalla, un separador, unha batería e outros elementos que lle permitirán aos efectivos do GES actuar con maior rapidez e eficacia naqueles sinistros nos que sexa preciso excarcerar a persoas.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…