-->

O Concello de Padrón impulsa a recollida selectiva de lixo coa incorporación de 140 novos colectores

 

O concelleiro de Servizos Básicos de Padrón, Javier Guillán, anunciou hoxe que ao longo das vindeiras semanas mellorarase substancialmente a recollida selectiva de lixo coa colocación de 140 novos colectores: 20 para papel e cartón, 20 para vidro e arredor dun cento para a denominada bolsa amarela (plásticos, briks e envases metálicos).

Javier Guillán sinala que, con este "importante incremento" do número de colectores destinados á recollida selectiva, o goberno local pretende "darlles a todos os padroneses maiores facilidades para que poidan implicarse e colaborar aínda máis na xestión selectiva dos residuos". "É preciso seguir mellorando os resultados da reciclaxe, tanto desde a perspectiva do coidado do medio ambiente como polo feito de que supón un importante aforro na xestión do lixo", indica o concelleiro, quen lembra que "cada tonelada de lixo non separado que se envía a Sogama para o seu tratamento cústalles aos padroneses 90 euros".

Xunto coa instalación destes colectores, Javier Guillán salienta que outra mellora implementada na xestión dos residuos é o acordo alcanzado coa empresa Ambigal 360 para a realización do servizo de recollida de cartón porta a porta, que se viña realizando os luns e os venres pola mañá con dous operarios e un camión do propio concello e que antes do verán asumiu dita empresa "a coste cero para o concello", o que supón un aforro anual duns 20.000 euros.

Ao respecto, Javier Guillán explica que Ambigal 360 tamén realiza a recollida de cartón porta a porta os luns e os venres pola mañá, pero faino cos seus propios medios humanos e materiais, podendo adicar o persoal e a maquinaria do concello que se ocupaban deste servizo a outras tarefas.

Ademais, Guillán destaca que a empresa está a mellorar a calidade do servizo porque, previo aviso por parte do concello, está a incorporar á ruta de recollida a aqueles establecementos e empresas que así o solicitan. "Aqueles comercios ou empresas que queiran beneficiarse da recollida porta a porta, incluso estando nos polígonos industriais, só teñen que comunicalo no concello e o persoal de Ambigal 360 incluiraos nas rutas de recollida", confirma Javier Guillán.

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15009 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. More details…