Print this page
-->

Padrón acolle hoxe a preto de 1.000 peregrinos que seguen o Camiño Portugués

 

As rúas de Padrón convertéronse na xornada de hoxe nun fervedoiro de xente debido á chegada dun grupo de preto de 1.200 peregrinos pertencentes a Acción Católica General (ACG), que teñen previsto pernoctar en múltiples puntos da vila padronesa.

Estes peregrinos seguen o Camiño Portugués e, tras celebrar esta tarde algunha actividade no Espolón e despois de pernoctar en Padrón, dirixiranse mañá cara Santiago de Compostela, onde teñen previsto celebrar a III Asemblea Nacional de ACG entre os días 3 e 6 de agosto.

Desde a Concellería de Turismo lémbrase que os contactos desde o concello para que este grupo concluise en Padrón a súa penúltima etapa de peregrinación a Compostela en Padrón tiveron lugar hai varios meses e destácase "a importancia que ten o paso de grupos tan numerosos para a dinamización da economía local, especialmente nos sectores da hostalaría e o comercio".

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…