Print this page
-->

Padrón e Rianxo volven estreitar os lazos de irmandamento durante as Festas de Pascua

“Ademais de Rosalía ou Castelao temos vínculos económicos, culturais e o mar que compartimos”, asegurou o alcalde rianxeiro  ||  

Anxo Arca volveu resaltar a importancia deste acto como un espazo para que políticos de diferentes ideoloxías poidan compartir fórmulas para mellorar a vida da cidadanía  ||  

 

20240402 Padron Pascua Dia de RIANXO 5

 

Padrón e Rianxo volveron estreitar os lazos de amizade que une a ambos pobos dende hai séculos no acto institucional do Día de Rianxo nas Festas de Pascua. “Ademais de Rosalía ou Castelao temos vínculos económicos, culturais e un mar que nos une”, resumiu o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, que asinou no Libro de Honra do Concello de Padrón. 

“Ademais dos vínculos empresariais e das tradicións familiares que nos unen, é certo que a saída ao mar de Padrón pasa por Rianxo”, replicoulle o alcalde padronés, recordando que “Rosalía sempre miraba o mar” e os vínculos empresarias entre ambos municipios. Anxo Arca volveu resaltar a importancia deste acto de irmandamento como lugar para que “representantes políticos de diferentes ideoloxías teñamos un espazo para compartir problemáticas comúns e fórmulas para facerlle a vida máis fácil á cidadanía”.

20240402 Padron Pascua Dia de RIANXO 14

Despois do intercambio de bastóns de mando, que se celebrou no salón de plenos, os alcaldes, acompañados polo presidente da Fundación Rosalía de Castro e representantes das dúas corporacións, fixeron a tradicional ofrenda dunha coroa de loureiro diante da estatua de Rosalía, no paseo do Espolón, e diante da de Castelao, no xardín botánico.

20240402 Padron Pascua Dia de RIANXO 15

O acto institucional rematou coas dúas comitivas escoitando a actuación das bandas dos dous municipios na praza de Macías. Neste mesmo espazo a Banda de Música de Rianxo ofreceu o tradicional concerto de todas as festas de Pascua.

20240402 Padron Pascua concerto Banda Rianxo 3

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…