-->

Padrón declara o 19 de setembro día de loito oficial polo pasamento de Pepe Domingo Castaño

  • As bandeiras dos edificios públicos xa ondean a media hasta  ||  

 

O martes 19 de setembro será día de loito oficial no Concello de Padrón polo pasamento de Pepe Domingo Castaño. Así figura no decreto asinado polo alcalde, Anxo Arca, despois do acordo unánime adoptado polas tres forzas políticas da Corporación tras a celebración do pleno desta mañá, que comezou cun minuto de silencio. O acordo xa se fai visible coas bandeiras dos edificios públicos municipais ondeando a media hasta.

Pepe Domingo Castaño morreu en Madrid na madrugada deste domingo 17 de setembro aos 80 anos de idade. O célebre xornalista, que naceu en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942, trasladouse aos poucos días coa súa familia a vivir á zona vella de Padrón.

Castaño Solar tivo unha longa traxectoria profesional no mundo audiovisual como presentador de programas radiofónicos e televisivos de grande éxito a nivel nacional e tamén como cantante e escritor. Na súa prolífica carreira  gañou unha longa listaxe de premios e condecoracións. 

O decreto da Alcaldía recolle que Pepe Domingo Castaño nunca deixou de estar fortemente ligado a Padrón, onde reside gran parte da súa familia, sendo un grande embaixador da vila e dos seus recursos culturais, naturais, literarios e gastronómicos, aos que facía referencia publicamente sempre que tiña ocasión.

O alcalde, Anxo Arca, trasladoulle á familia de Pepe Domingo Castaño as condolencias en nome de toda a veciñanza de Padrón.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…