-->

O Día da bicicleta xunta a 120 persoas para conmemorar o Día das Letras Galegas

O Concello de Padrón conmemorou hoxe o Día das Letras Galega cunha dobre actividade, deportiva e cultural. Unhas 120 persoas participaron no Día da Bicicleta, facendo un percorrido de 16 quilómetros polo municipio, mentres outro grupo descubría cos Quinquilláns algúns dos segredos da vida da poeta Rosalía de Castro.

O Día da Bicicleta comezaba ás 10.00 horas cunha visita ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo das persoas que se inscribiron con antelación. Logo, no Espolón, mentres se completaba a inscrición das 120 persoas participantes, nenos e nenas amosaban as súas habilidades nunha xincana.

O grupo tomaría a saída sobre ás 11.30 horas dende o Espolón para percorrer 16 quilómetros polo municipio, facendo un alto na desembocadura do río Ulla para repoñer forzas. Ao rematar a proba houbo sorteo de material deportivo doado polos colaboradores da proba, Oliveira Bike, Casa Grobas e Deportes Estornela.

O Concello de Padrón agradece a colaboración das catro entidades colaboradoras co Día da bicicleta.

20230517 Padron Dia da Bicicleta 9

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…