-->

Padrón celebrou a festa do San Xoán do Raio con procesión, música e xantar para a terceira idade

  • A Coral Val do Sar presentou a súa nova directora, Iolanda Eiras ||
  • Jhonny Vergara lembrou a vida de Antonio Machín no seu espectáculo ‘Toda unha vida’ ||ç

 20230506 Padron Festa San Xoan Raio e Festa Terceira Idade 7

Como cada 6 de maio, o Concello de Padrón rendeu homenaxe ao seu patrón San Xoán do Raio. Os actos oficiais arrincaban coa tradicional procesión do santo dende a casa consistorial ata a igrexa de Santiago. A imaxe estivo acompañada durante o seu percorrido polo alcalde, Antonio Fernández Angueira, membros da Corporación, veciñanza e o grupo de gaitas da Asociación Cultural San Pedro de Carcacía.

20230506 Padron Festa San Xoan Raio e Xantar Terceira Idade Premios Baile 2

Tras a misa, os actos trasladábanse ao auditorio municipal onde se celebraron dous concertos. O primeiro, a cargo da Coral Val do Sar que aproveitou para presentar a súa nova directora, Iolanda Eiras. E a segunda actuación foi protagonizada polo cantante Jhonny Vergara, quen lembrou cancións de Antonio Machín no seu espectáculo Toda unha vida.

20230506 Padron Festa San Xoan Raio e Festa Terceira Idade 18

A festividade de San Xoán do Raio finalizou co tradicional xantar de confraternidade para a terceira idade no restaurante do Hotel Scala e no que participaron preto de 400 persoas. No transcurso do xantar sorteáronse entre as persoas asistentes 4 lotes de botellas de viño, dúas ceas para dúas persoas no Hotel Scala e dous bonos para dúas persoas no Balneario de Cuntis. Todos os agasallos foron doados polo Hotel Scala. O xantar de confraternidade finalizou cun animado baile amenizado polo Trío Sabrosito.

Nos enlaces do facebook do Concello podes ver máis imaxes sobre a celebración da festividade de San Xoán do Raio tanto da procesión como das actuacións musiciais e do xantar das persoas maiores

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…