Print this page
-->

O Concello de Padrón licita as licenzas de uso das parcelas para as atraccións da Pascua 2023

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, 28 de febreiro, o anuncio do Concello de Padrón de licitación das licenzas para a instalación das atraccións de feira no campo do Souto, o Paseo do Espolón e rúas próximas durante as Festas de Pascua 2023. A convocatoria está aberta á atraccións mecánicas e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda de comidas e/ou bebidas, roupa, complementos, música, artesanía, etc, ademais de a maquinaria agrícola para a exposición que se desenvolve coincidindo coas festas. As Festas de Pascua 2023 celebraranse este ano entre o 2 e o 16 de abril. O prazo para a presentación de ofertas é de dez días naturais, contados a partir da publicación deste anuncio. 

Toda a documentación desta licitación pode consultarse nesta mesma páxina web no apartado de Servizos-Postos de Pascua (accesible a través desta ligazón)

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…