-->

Padrón coroa un dos Entroidos máis concorridos con preto dun millar de participantes no desfile

  • Alcalde e concelleira de Cultura destacan o éxito do concurso de disfraces, con especial protagonismo dos grupos locais ||
  • A comparsa ‘Ciklón’, de Tomiño, foi a vencedora na categoría de comparsas de máis de 20 membros; ‘Festa con glamour’ de Quintás, na de menos de 20 e ‘Se nos echó el tiempo encima’ venceu na categoría de comparsa local ||
  • En total o concurso repartiu máis de 5.400 euros en premios ||
  • Centos de persoas encheron as rúas da vila nunha xornada de auténtica festa !!

20230225 primeiro premio comparsas locais WEB

Padrón viviu esta tarde un dos seus Entroido máis multitudinarios, con preto dun millar de participantes no desfile e centos de persoas polas rúas, acadando deste xeito niveis de participación superiores aos da última edición antes da pandemia. A comparsa Ciklón de Tomiño, na modalidade de máis de 20 membros; a comparsa Festa con glamour, de Pontevedra, na de menos de 20 integrantes e a padronesa Se nos echó el tiempo encima, na modalidade de comparsa local, foron as grandes vencedoras da noite foron os grandes vencedores do concurso de Entroido na categoría de carrozas, comparsas e grupos. Un concurso que repartía este ano un total de 5.400 euros en premios. Dende o Concello, o alcalde, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, destacaron o éxito do Entroido non só pola alta afluencia de xente senón pola gran participación de grupos locais no desfile, un dos obxectivos desta edición.

Nin o frío nin a chuvia amedrentaron a gañas de celebración na última traca das festas do Entroido neste sábado de piñata na capital do Sar. As rúas enchéronse de fantasía, de música, de vivas cores, de vistosos disfraces, de espectaculares carrozas e de moita retranca.

“O desfile de Entroido foi todo un éxito”, remarcou Antonio Fernández, quen destacou tamén a gran afluencia de xente. “Padrón viviu esta tarde unha auténtica xornada de festa. A xente tiña gañas de volver a vivir un sábado de piñata como o de hoxe”, indicou.

Pola súa banda, Lorena Couso subliñou a “gran calidade e espectacularidade dos disfraces, das carrozas e das comparsas”, e manifestou que “o xurado o tivo moi difícil para elixir aos premiados”.

20230225 primeiro premio comparsas locais WEB1

Carrozas, comparsas, grupos, parellas e persoas disfrazadas a nivel individual déronse cita a primeira hora da tarde na explanada da Matanza para, dende aí, iniciar o percorrido polas rúas de Padrón ata o Campo do Espolón nun espectacular desfile que congregou na vila a multitude de xente ávida de desfrutar da festa neste sábado de piñata. Un percorrido que, debido á gran cantidade de participantes, durou preto de dúas horas e que ao seu remate foi amenizado polo grupo Trópico de grelos, mentres o xurado deliberaba.

Premiados

Botóusenos o tempo encima', de Eneida León Varela, de Padrón foi o vencedora na categoría de comparsa local de máis de 10 membros e levouse un premio de 600 euros; o segundo premio (400 €) foi para A tribu da Carballeira, da Asociación A Carballeira de Extramundi, e Astronautas Escravianos, da Escola infantil da Escravitude acadou o terceiro premio (300 €).

20230225 primeiro premio comparsa +20 web

O primeiro premio (1.000 euros) da modalidade de Comparsa de máis de 20 membros foi para foi para Ciklón, da Asociación Cultural Ciklón, de Tomiño; o segundo de 600 € foi para Da escura Victoriana, da Asociación Cultural Cor Café (Pontevedra); e o terceiro, dotado con 400 euros, foi para Talismán: Antiguo Egipto, da Asociación Cultural Talismán (Pontevedra).

20230225 segundo premio adulto individual arrecife Web

Na modalidade de comparsas ata 20 membros, o gañador foi Festa con Glamour, da Asociación Mulleres Rurais O Marco, de Quintás, que recibirá 600 euros; o segundo (400 €) foi para Labadoras en Loita, de Lestrobe, e o terceiro (300 €) o grupo Vaiche boa, de Noia.

Na categoría infantil individual Pablo Bouzón Moure (Cacheiras) co seu disfrace Soñando coa batuta levouse o primeiro premio (90 €); Uxía Abal (Moraña), con  Reciclando la música, alzouse co segundo (60 €)e Nayra Silva Torres (Vilagaracía) con El encanto de Nayra levouse o terceiro premio (30 €).

20230225 primer premio individual adulto WEB

Godzilla do vilagarciano Ángel Nine Chaves alzouse co primeiro premio (120€) na modalidade de individual adulto; a padronesa Candela Sampaño Cordo con Arrecife o segundo (90 €) e Patricia Cordo Tourís, tamén de Padrón, acadou o terceiro premio (60 €) con Flamenco.

Finalmente, na categoría de parellas os clasificados foron Dos tontos muy tontos (Cacheiras) co primeiro premio (150 €); Deuses do Xeo (Santiago), o segundo (120 €) e O regreso dos dinaosaurios de Ames, alzouse co terceiro premio (90 €)

20230225 terceiro premio comparsa local AstronautasEscravianos WEB

Todos eles recibiron os seus respectivos premios de mans do alcalde, Antonio Fernández, das concelleiras de Cultura e de Festexos, Lorena Couso e Carmina Bustelo e do edil José Ramón Pardo.

Acado o concurso a festa trasladouse á praza de Macías onde o estaban programadas nove horas ininterrompidas de música e baile.

IMG 20230225 193215

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…