-->

O Xardín Botánico Artístico de Padrón únese á rede de destinos Observer con interese científico

  • Esta certificación recoñece o seu elevado valor natural e de conservación, así como a información e as visitas que ofrece //

  • A concelleira Lorena Couso salienta que este novo recoñecemento servirá para impulsar o turismo e o coñecemento do parque entre a veciñanza //

Dende o pasado mes de xaneiro, o Xardín Botánico Artístico de Padrón suma aos seus innumerables recoñecementos a certificación Observer para espazos singulares. Tal e como subliña a concelleira de Turismo de Padrón, Lorena Couso, “trátase dun selo de calidade que recoñece tanto o seu alto valor natural como o seu óptimo estado de conservación ou as facilidades que ofrece para coñecelo e visitalo, todas elas circunstancias que lle permiten sumarse á Rede de destinos Observer con interese científico”.

Entre os puntos fortes do Xardín botánico padronés, a certificación Observer salienta a simbiose entre natureza e cultura con “numerosas especies botánicas catalogadas como singulares e multitude de puntos de interese que fan referencia a autores locais que definiron a historia de Galicia”. Tamén destaca as “coidadosas” medidas de conservación do parque e a “abundante información dispoñible” na páxina web de Turismo de Padrón e no propio parque, que conta con códigos QR situados nas principais localizacións.

Outro dos puntos nos que incide a certificación é a realización de visitas guiadas e de actividades para os colexios, subliñando a aposta por empresas da zona para levalas a cabo.

A inclusión do Xardín botánico artístico de Padrón na rede de destinos Observer con interese científico enmárcase nas accións que está a desenvolver a Concellaría de Turismo para promocionar o patrimonio padronés en todos os ámbitos e atraer visitantes con perfís específicos, contribuíndo tamén á creación de novos produtos e á desestacionalización. Ademais, apunta a concelleira Lorena Couso, “queremos que a xente de Padrón coñeza cada vez mellor os excelentes recursos cos que contamos, que se sinta orgullosa deles e os desfruten”.

Observer é unha entidade certificadora especializada en sistemas de calidade para empresas e destinos de turismo científico e conta na actualidade con máis de 400 destinos recoñecidos en toda España, na súa maioría en Galicia. Entre os seus obxectivos atópase precisamente o de contribuír a impulsar espazos, na maioría das ocasións pouco coñecidos, de gran interese científico para outorgarlle maior visibilidade.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…