-->

O Concello de Padrón destaca o éxito do Nadal Rula con máis dun centenar de participantes

  • Gran parte das nenas e dos nenos repetiron experiencia polas aldeas en ata catro actividades diferentes //

  • Sumáronse á iniciativa familias completas con avós, avoas e netos incluídos //

  • As concelleiras Lorena Couso e Carmina Bustelo destacan que “a iniciativa gustou moito e que o Nadal rulou por todo o municipio” //

20230112 Nadal rula 2

Máis dun centenar de nenos e de nenas participaron nas sete xornadas do Nadal Rula organizado polo Concello de Padrón nas vacacións de Nadal para levar a maxia destas datas a todo o municipio e facer partícipe á veciñanza do rural. Así o deron a coñecer esta mañá as concelleiras de Cultura, Lorena Couso, e de Festexos e Participación Cidadá Carmina Bustelo tras a reunión que ambas mantiveron coa empresa responsable do seu desenvolvemento. Tanto Lorena Couso como Carmina Bustelo coincidiron en destacar o éxito da iniciativa, “non só pola participación acadada senón tamén porque o formato e o contacontos da Rula gustaron moito”, indicaron ambas concelleiras.

O Nadal Rula desenvolveuse entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, en sete xornadas distintas, cada unha delas nunha parroquia (A Escravitude, Pazos, Iria, Extramundi, Carcacía, Herbón e A Ponte). O programa contou con obradoiros artísticos, talleres de cociña, xogos e/ou contacontos, ademais do da Rula. O obxectivo fundamental era facer partícipe e á veciñanza do rural e que maiores e pequenos puidesen gozar e compartir xuntos xogos, contos aventuras e talleres coa axuda da Rula.

20230112 Nadal rula Herbon

Ademais do público infantil, o Nadal Rula contabilizou a participación de 19 persoas adultas que se implicaron en todas as actividades, familias completas (nais, pais e fillos/as) e incluso asistiron avós e/ou avoas cos netos e netas.

“O obxectivo inicial cumpriuse”, indicou Lorena Couso, “o Nadal rulou moito por Padrón porque as rapazas e os rapaces movéronse polas distintas aldeas para participar nos talleres e actividades previstos nas sete paradas da Rula”, dixo a concelleira de Cultura.

Como dato salientable, as concelleiras de Cultura e de Festexos e Participación Cidadá manifestaron que unha gran parte do centenar de nenas e nenos que participaron ao longo do programa repetiron ata en catro actividades diferentes.

20230112 nadal rula ponte 1

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…