-->

Adxudícanse os traballos de ampliación da rede de saneamento cun prazo de execución de seis meses

  • O alcalde, Antonio Fernández, salienta que o convenio asinado polo Goberno local coa Xunta permitirá instalar novas estacións de bombeo en Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso //

  • As obras contan cun orzamento de 940.000 euros //

En datas próximas comezarán os traballos de ampliación da rede de saneamento de Padrón que permitirán eliminar os verquidos ao río Ulla coa habilitación dunha serie de novos colectores e catro estacións de bombeo de augas residuais nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. A Consellería de Infraestrutuas e Mobilidade anunciou hoxe que, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar os traballos á empresa Proyecon Galicia S.A. por un importe de 940.000 euros, desenvolvendo así o convenio que asinaron o pasado mes de outubro en San Caetano o alcalde de Padrón, Antonio Fernández, e a conselleira Ethel Vázquez.

As xestións realizadas polo goberno local permitirán tanto preservar a calidade medioambiental do río Ulla como darlle servizo nun futuro a unha poboación de 669 habitantes cunha actuación que se concretará na conexión á rede xeral das augas xeradas en Herbón, O Barco, Lestido, O Pino, Vista Alegre, A Aduana, O Pombal e O Muelle (Iria Flavia), para logo ser conducidas ata a estación depuradora de Padrón.

En concreto, ampliarase a rede de saneamento mediante unha serie de colectores por gravedad executados en tubería de PVC de diámetros 315, 400 e 500 mm. Ademais, executaranse catro estacións de bombeo (EBAR) nos puntos baixos, situados nos núcleos de Herbón, Lestido, A Aduana e O Paraíso. As impulsións proxectaranse en politileno de 90 mm. de diámetro. O prazo de execución é de seis meses.

O alcalde de Padrón, Antonio Fernández, salienta os esforzos que vén realizando o Concello en materia de infraestruturas para mellorar os servizos que se lle prestan á veciñanza en todas as parroquias. Neste sentido, hai que indicar que a administración local se fará cargo do 20 por cento do orzamento dos traballos de ampliación da rede de saneamento, asumindo as xestións para posibilitar a súa execución, así como a recepción, o mantemento e a conservación das actuacións que se leven a cabo.

A Xunta, pola súa parte, aportará o 80% do presuposto restante para xestionar a contratación, a dirección e a execución das obras. A actuación conta con financiamento da Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2022, como parte da resposta á pandemia da covid-19.

Grazas á boa sintonía entre administracións, hai que recordar tamén outro convenio de colaboración asinado en setembro entre o Concello de Padrón e a Xunta para reducir o risco de inundacións provocadas polos ríos Ulla e Sar ao seu paso polo municipio.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…