Print this page
-->

Os Reis Magos percorrerán as rúas de Padrón e visitarán o Belén vivinte na tarde do 5 de xaneiro

  • A comitiva iniciará o percorrido polo casco histórico dende a rúa Real para finalizar no Campo do Souto //

  • As Súas Maxestades realizarán a ofrenda ao nenos Xesús e serán recibidas pola Corporación Municipal //

Melchor, Gaspar e Baltasar volverán a percorrer as rúas de Padrón o xoves, 5 de xaneiro, pola tarde. A comitiva real chegará á vila ás 17.00 horas e comezará o seu percorrido polo casco histórico dende a Rúa Real, visitarán a igrexa de Santiago onde as Súas Maxestades visitarán o Belén vivinte e realizarán a ofrenda ao neno Xesús.

Finalizada a ofrenda, a cabalgata achegarase á praza de Macías e á casa consistorial onde os Reis Magos serán recibidos pola Corporación Municipal. O percorrido rematará no Campo do Souto onde as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente recibirán a todas as nenas e nenos que queiran falar con eles para trasladarlles as súas peticións e manter viva a chama da ilusión na noite máis máxica do ano.Todas as crianzas recibirán un agasallo

Tamén no campo do Souto estará operativo, como xa é tradición, o carrusel de cabaliños. Todas aquelas crianzas que retiraron previamente os vales (tres por nena ou neno) poderán subirse ao carrusel de xeito gratuíto entre as 17.00 e as 20.00 horas. Lembrar que ata este mércores, 4 de xaneiro, poderán retirarse no Centro Social os vales (tres por neno ou nena) para o carrusel.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, anima á veciñanza e, especialmente ás familias con crianzas, a vir a Padrón e participar da maxia e da ilusión da cabalgata dos Reis Magos.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…