-->

Música, obradoiros, teatro e visitas ‘especiais’ centran a programación do Nadal en Padrón

  • O Concello elaborou unha ampla oferta cultural e de ocio do 17 de decembro ao 14 de xaneiro //

  • Lorena Couso: “Queremos dinamizar o Nadal con actividades na vila e polas parroquias, pensadas para gozar en familia e involucrando á veciñanza en xeral” //

  • Papá Noel visitará os centros educativos os días 19 e 20 de decembro, e o día 23 estará na praza de Macías //

  • O ‘Nadal rula por Padrón’ é a novidade deste ano encamiñada a descentralizar a actividade achegándoa ao rural //

 

O Concello de Padrón vén de presentar a programación de Nadal que  abrangue unha ampla oferta de actividades culturais e de ocio, totalmente gratuítas, cunha clara aposta pola música, os obradoiros e o teatro e que na que non faltan a tradicional visita de Papá Noel aos centros educativos ou á praza de Macías e a tradicional Cabalgata de Reis. A novidade deste ano vén da man da actividade do Nadal rula por Padrón, coa que o Concello quere facer partícipes a toda a veciñanza do municipio, descentralizando a actividade e achegándoa ao rural padronés. A programación, aberta a todos os públicos e pensada para gozar en familia, desenvolverase do 17 de decembro ao 14 de xaneiro.

Segundo explica a concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso, “queremos dinamizar o Nadal e fixemos unha programación aberta a todos os públicos pero pensada tamén para gozar en familia”, engadindo que “un dos obxectivos prioritarios do goberno padronés é facer tamén partícipes á veciñanza das parroquias e por iso tamén este Nadal levamos as actividades ao rural”, recalca.

Lorena Couso subliña que “esta ampla oferta cultural e de ocio que presentamos, xunto coa campaña de decoración de escaparates, balcóns e fachadas que temos en marcha animará e dinamizará este Nadal facendo de Padrón un pobo máis atractivo para a veciñanza e para os visitantes”.

O Concerto de Panxoliñas abrirá o 17 de decembro os actos programados para este Nadal en Padrón. Terá como escenario o auditorio municipal (19.00 horas) e nela participarán a Coral Polifónica de Betanzos; a Coral Avogados de Pontevedra e a Coral Polifónica Padronesa.

A música seguirá sendo a protagonista o domingo 18 de decembro, xornada na que terá lugar o Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón.

Unha das visitas máis esperadas desta época do ano é a de Papá Noel, que percorrerá os centros educativos de infantil e primaria de Padrón os días 19 e 20 de decembro, recollendo as peticións das nenas e dos nenos e pasando con eles un anaco agradable. A recepción que este singular personaxe que lle ofrece aos máis pequeno terá lugar o venres 23 de decembro, na praza de Macías, de 18.00 a 20.00 horas.

Do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro desenvolverase a iniciativa cultural e de ocio O Nadal rula por Padrón. Trátase dunha serie de talleres e actividades pensadas para toda a familia que se desenvolverán en horario de mañá, na Escravitude, Pazos, Arretén, Extramundi, Carcacia, Herbón e A Ponte. Para poder participar é necesario inscribirse no centro social a partir do luns día 12.

O luns 26 de decembro, Raquel Queizás visitará Padrón para presentar o seu espectáculo de narración oral O xogo de Nano dirixido ás crianzas de 0 a  4 anos. Será no autidorio munipal, ás 18.00 horas, con entrada libre ata completar aforo.

Da man dos Bolechas chegará o 29 de decembro ao auditorio padronés A Bruxa Befana (18.00 horas), un espectáculo para toda a familia que conta unha trepidante aventura chea de emocións.

Pecharán a programación de Nadal en Padrón a Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro,o tradicional Concerto de Reis, a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón, o 6 de xaneiro (19.00 horas, no auditorio municipal) e o 14 de xaneiro o concerto da Orquestra de Cámara Galega (19.00 horas, no auditorio).

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…