-->

O alumnado dos centros educativos de Padrón é o protagonista dos actos do 25-N

  • O programa conmemorativo deste venres inclúe a lectura do manifesto institucional, música e os monólogos de Cristina Maró e Jazmín Abuín //
  • O Concello entregará os premios do certame de debuxos e do concurso de vídeos de TikTok //
  • Lorena Couso, concelleira de Igualdade e Muller: “É fundamental implicar ás crianzas e á mocidade nas accións de sensibilización, prevención e denuncia da violencia machista” //

 

O Concello de Padrón súmase este venres, 25 de novembro, á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun programa de actos aberto a toda a cidadanía, con especial protagonismo do alumnado dos centros educativos. Os actos desenvolveranse no auditorio municipal e comezarán ás 19.00 horas, cos monólogos de Cristina Maró e de Jazmín Abuín, que darán paso á lectura do manifesto institucional do 25-N.

No transcurso do acto, o Concello entregará os premios do II certame de debuxos destinado ao alumnado de primaria, no que se presentaron máis de 450 traballos. Os debuxos puideron verse ao longo de todo este mes nos escaparates de tendas, bares e oficinas de Padrón “como un xeito de chamar a atención da veciñanza e dos visitantes fronte á violencia de xénero, xerar conciencia crítica e invitar á reflexión”, subliña a concelleira de Igualdade e Muller, Lorena Couso.

Tamén se fará entrega dos premios do certame de vídeos de TikTok, convocado polo Concello de Padrón e que buscaba a implicación da xente moza na prevención da violencia machista nunha plataforma onde teñen unha presenza destacada empregando a súa propia linguaxe.

E, finalmente, para premiar a colaboración e implicación de toda a comunidade educativa do municipio na sensibilización e na loita contra a eliminación da violencia de xénero, o Concello entregará diversas placas conmemorativas aos centros educativos. O programa do venres compleméntase con diversas actuacións.

Para Lorena Couso “a educación é unha ferramenta imprescindible para erradicar a violencia machista”. A concelleira de Igualdade e Muller sostén que “concienciar e sensibilizar dende a máis tenra idade é fundamental. Por iso o esforzo do Concello de Padrón en implicar á infancia e á mocidade nas accións de sensibilización, prevención e denuncia da violencia machista”.

Peluqueria aaron

Teatro e alumeado lila

Dentro das accións levadas a cabo polo Concello co gallo do 25N, hoxe o alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato dos IES Macías O Namorado e Camilo José Cela tiveron a oportunidade de asistir no auditorio padronés á representación da obra Golpes, un monólogo protagonizado pola actriz Estíbaliz Veiga sobre a violencia machista baseado en casos reais.

Enmarcado tamén no programa do 25N, o Concello de Padrón organizou o taller de empoderamento feminino dende as artes marciais, que se impartiu todos os xoves deste mes (remata mañá), con 15 mulleres participantes. E, o pasado luns, 21 de novembro, os edificios máis emblemáticos de Padrón tinguíronse de lila.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…