-->

O vídeo ‘016 salvavidas’ gaña o concurso de TikTok do 25N dirixido ao alumnado de ESO

  • A proposta está protagonizada por Sandra Méndez, Sofía Agrasar, Carlota Costa, Elsa Vidal e Cristian López, de 1º B do IES Camilo José Cela //
  • “A educación é unha ferramenta fundamental para poñerlle fin á violencia machista”, subliña a concelleira Lorena Couso //

O vídeo 016 Salvavidas, realizado e protagonizado por Sandra Méndez, Sofía Agrasar, Carlota Costa, Elsa Vidal e Cristian López, erixiuse como gañador do concurso de TikTok contra a violencia de xénero, convocado polo CIM Terras de Iria coa colaboración do Concello de Padrón. O obxectivo do concurso é implicar á poboación moza na prevención da violencia machista a través dunha plataforma onde teñen unha destacada presenza e empregando a súa propia linguaxe.

O xurado, reunido esta mañá en Padrón, valorou a idea dos gañadores de dar a coñecer o teléfono 016 como unha ferramenta de gran utilidade para as mulleres que sofren a violencia de xénero. O vídeo pode verse no TikTok do CIM Terras de Iria e mostra como unha muller ameazada e sometida a malos tratos no seu fogar chama ao 016 coa excusa de pedir unha pizza e consegue que a policía deteña ao seu maltratador.  

A concelleira de Igualdade e Muller do Concello de Padrón, Lorena Couso; a directora do CIM, Isabel Ramos Boo; e o director da axencia de comunicación Alicentis, Juan Martínez, formaron o xurado que valorou os seis vídeos presentados.  “A educación é unha ferramenta fundamental para poñerlle fin á violencia machista. A nosa intención con este concurso de TikTok é que a xente máis nova participe nas accións de sensibilización e prevención contra a violencia de xénero que cada ano facemos coincidindo co 25N, ademais de espertar a reflexión e a conciencia crítica”, sinalou Lorena Couso.

Ademais do certame de TikTok, destinado á mocidade que cursa Secundaria, Padrón está a desenvolver nestes días unha acción de sensibilización co alumnado de infantil e impulsou tamén a segunda edición dun concurso de debuxo para nenas e nenos de primaria ao que se presentaron máis de 450 traballos. Estes debuxos decoran os escaparates de tendas, bares e oficinas de Padrón como un xeito de chamar a atención de veciñanza e visitantes fronte á violencia de xénero.

 O 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia de Xénero, o auditorio de Padrón acollerá un acto institucional con música e monólogos a cargo de Cristina Maró e Jazmín Abuín. No transcurso deste acto, entregaranse os premios dos concursos de debuxo e de vídeos de TikTok.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…