-->

Padrón organiza o concurso de decoración ‘Nadal na Rúa’ con 800 euros en premios

  • O certame está dirixido á empresas, locais de hostalería, asociacións sen ánimo de lucro, entidades culturais e centros educativos //

  • Lorena Couso subliña que o obxectivo é enxalzar a beleza do rueiro e do patrimonio arquitectónico do municipio e resalta que os premios deben ser consumidos en Padrón //

  • A inscrición está aberta ata o 1 de decembro e as creacións quedarán expostas do 12 de decembro ata o 6 de xaneiro //

20221111 CARTEL Nadal na Rúa 2022 padronO Concello de Padrón convoca a III edición do concurso Nadal na Rúa, un certame de decoración de Nadal de balcóns, ventás, escaparates, fachadas, xardíns e todo tipo de elementos exteriores e visibles dende a rúa de todo o municipio, tanto no seu casco histórico coma nas zonas próximas. O certame, que repartirá un total de 800 € en premios para consumir en Padrón, está dirixido tanto a empresas e locais de hostalaría, como a colectivos ou asociacións sen ánimo de lucro, entidades culturais ou centros educativos. Quen desexe participar deberá formalizar a súa inscrición ata o 1 de decembro na Oficina de Turismo tanto de forma física como a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A inscrición é de balde.

A concelleira de Cultura, Lorena Couso, recalca que o obxectivo deste certame “é promocionar e enxalzar a beleza do rueiro e do patrimonio arquitectónico da vila padronesa na tempada de Nadal, coa colocación de elementos decorativos propios desta época”. O goberno local quere  “dinamizar a participación activa de todo o tecido social, empresarial e cultural do municipio para contribuír a proxectar unha imaxe global positiva dun Padrón máis atractivo tanto para a veciñanza como para as persoas que nos visitan nestas datas”, afirma Lorena Couso.

As decoracións deberán ser visibles dende a vía pública no período comprendido entre o 12 de decembro deste ano ata o 6 de xaneiro de 2023, ambos días incluídos. En ningún caso poderán interromper á actividade cotiá da cidadanía, ocupar a vía pública, nin causar perigo ás persoas, vehículos ou bens. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen: persoas encargadas da xestión de empresas, de comercio e/ou de hostalaría e aquelas que representen a algunha asociación, entidade cultural ou centro educativo. 

Dúas categorías

Nadal na Rúa establece dúas categorías. A primeira está destinada ás empresas e contempla tres premios de 250 €, 150 € e 100 €, respectivamente, e diploma para as gañadoras. A segunda categoría está destinada á decoración realizada por asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos de Padrón e contempla un primeiro premio de 200 € e un segundo de 100 € (ambos tamén con diploma).

“As contías dos premios deberán ser consumidas no comercio e na hostalaría de Padrón”, lembra Lorena Couso. As persoas gañadoras terá de prazo para realizar este gasto ata o 30 de xaneiro de 2023. No caso de non gastar todo o premio, ou de non presentar os recibos correspondentes, o Concello solicitará o seu reembolso.

Valoración do xurado

O xurado valorará especialmente a creatividade e a orixinalidade na ornamentación; a inclusión de identidade local e o emprego de materiais de refugallos ou eco-sostibles. O 15 de decembro, os membros do xurado visitarán os locais e entidades participantes para facer a súa valoración e emitirán o seu veredicto unha vez finalizado o concurso.

O Concello tamén solicita a cada participante que remita ata 2 fotografías da súa decoración (unha de día e outra de noite) ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Estas imaxes poderán enviarse ata o 12 de decembro.

As bases do concurso poden consultarse na seguinte ligazón. A ficha de inscrición pódese descargar neste enlace. E, para máis información, as persoas interesadas deberán achegarse á Oficina de Turismo de Padrón ou chamar ao teléfono 646 593 319.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…