-
O alcalde padronés, Antonio Fernández, informou aos sindicatos desta iniciativa que pretende equiparar as condicións salariais de todos os traballadores municipais //
-
A proposta levarase ao vindeiro pleno ordinario para a súa aprobación //
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, mantivo unha xuntanza cos sindicatos para trasladarlles a intención do equipo de goberno de facer efectivo o pago dos trienios a todo o persoal laboral temporal que estea a prestar os servizos no Concello e que non os estea percibindo.
Segundo explicou o mandatario padronés, a proposta levarase ao vindeiro pleno ordinario. Con esta actuación, o Concello quere “recoñecer o traballo do persoal laboral temporal do Concello e igualar as condicións salariais de todo o persoal municipal que está a prestar os seus servizos”.
A proposta recolle que os trienios serán recoñecidos de oficio polo Concello, sen que sexa necesario que o persoal beneficiado con esta medida presente unha petición expresa. Os trienios serán recoñecidos de conformidade cos servizos prestados pola persoa traballadora, que se acumularán por orde cronolóxica. Ningún período de tempo poderá computarse máis dunha vez.
No caso de servizos prestados a tempo parcial, a remuneración será proporcional á porcentaxe da xornada realizada.
A proposta do equipo de goberno contempla que o paga da antigüidade reflexarase nas nóminas deste mes de novembro.