Print this page
-->

O alcalde de Padrón entrégalle o Premio Maruxa Villanueva de teatro a Pablo Reboleiro

  • O matemático e pallaso agradeceulle ao xurado que pensase no circo e recoñecera o traballo dunha arte que se está a reinventar dende cero  ||  

  • Antonio Fernández Angueira destacou a calidade do espectáculo DROP, que onte cativou ao público presente no auditorio  ||  

20221105 Pablo Reboleiro recolle Padron Premio Maruxa Villanueva 2

Pablo Reboleiro agradeceulle onte ao xurado do Premio de interpretación teatral Maruxa Villanueva que “pensase no circo e premiase todo o traballo dunha arte que se está a reinventar dende cero”. O matemático, pallaso e cofundador da compañía Pista Catro recibiu de mans do alcalde Antonio Fernández Angueira o galardón que o acredita como gañador do premio que convoca o Concello de Padrón para distinguir o traballos nas artes escénicas galegas e que este ano acadou a súa vixésimo primeira edición.

Fernández Angueira fixo entrega do premio unha vez que rematou o espectáculo DROP, dirixido por propio actor e que ofrece unha reflexión sobre a vida actual e, a través dos malabares, convértese tamén nunha ferramenta para divulgar as matemáticas. O público que onte acudiu ao auditorio municipal de Padrón gozou coa representación e aplaudiu con ganas o bo facer dos artistas.

Na súa intervención, ademais de agradecer a colaboración da súa familia e dos integrantes de Pista Catro e Circonove, Pablo Reboleiro resaltou a “xenerosidade” do xurado. “Grazas por mirar máis alá do propio carácter dos saltos espectaculares e facer que todos sexamos unha irmandade escénica, na que todos poidamos colaborar, aprender, hibridar... En definitiva, xogar, que é o que máis nos gusta”, afirmou.

20221105 Representacion espectaculo DROP en Padron con Pablo Reboleiro 4

Como membro do xurado, Antonio Fernández Angueira resaltou que nesta vixésimo primeira edición do premio Maruxa Villanueva valorouse, por un lado, a traxectoria innovadora, creadora e formativa de Pablo Reboleiro no circo galego e, por outra banda, a súa capacidade de hibridación e de mesturar tradicións como a dos malabarescon outras disciplinas artísticas. O xurado tamén se fixou nesa reflexión que DROP ofrece sobre a vida actual e mesmo no papel do espectáculo como ferramenta para divulgar as matemáticas.

20221105 Representacion espectaculo DROP en Padron con Pablo Reboleiro 8

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…