-->

O proxecto de Padrón para reforzar a identidade europea, primeira iniciativa galega da Rede de Cidades aprobada por Bruxelas

  • O Concello que preside Antonio Fernández recibirá unha achega de 145.000 € da Unión Europea //

  • Administracións locais, entidades da sociedade civil e persoas mozas de 16 países debateran sobre o sentido de pertenza á UE e o reforzo da identidade europea en tempos de crise //

  • O proxecto, enmarcado no programa CERV 2021-2027, desenvolverase ao longo dun ano e medio en cinco reunións temáticas e en cinco localidades europeas diferentes //

Fomentar o sentido de pertenza á Unión Europea, ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía da UE, os valores comúns, reforzar o entendemento mutuo a través do diálogo intercultural e apoiar a boa gobernanza local para un papel óptimo na Europa do Futuro son algúns dos obxectivos que persegue o proxecto promovido polo Concello de Padrón e aprobado por Bruxelas. Para desenvolver esta iniciativa, o Concello de Padrón, presidido por Antonio Fernández Angueira, recibirá unha achega de 145.000 € da UE.

O proxecto presentado polo Concello de Padrón, baixo o epígrafe Reforzar a identidade europea en tempos de crise, enmárcase no programa CERV 2021-2027 (Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores) da Rede de Cidades da Unión Europea e é o primeiro proxecto aprobado por Bruxelas a un municipio de Galicia dentro deste programa. No mesmo participan un total de 16 países, incluída España, (Malta, Portugal, Italia, Grecia, Romanía, Eslovaquia, República Checa, Estonia, Latviam, Hungría, Eslovenia, Croacia, Lituania, Bélxica e Polonia).

A iniciativa desenvolverase ao longo dun ano e medio (ata mediados do ano 2024) e reunirá en cinco reunións temáticas a representantes de administracións locais, de entidades da sociedade civil e mesmo a xente moza dos 16 países da Unión Europa involucrados no proxecto.

Dende o Concello de Padrón valórase moi positivamente a aprobación deste proxecto. “Formar parte de programas como este é beneficio para os nosos mozos e mozas, e para a veciñanza en xeral, porque contribúen a fomentar a acción xuvenil, a formación, a coñecer outras culturas e outras experiencias” subliña o alcalde. Antonio Fernández lembra tamén que o Concello de Padrón é “un firme defensor” dos proxectos conxuntos tanto a nivel comarcal, rexional, nacional ou europeo, “que contribúen a estreitar lazos entre diferentes pobos, cidades e países, a construír unha Europa máis forte e a comprender mellor a realidade doutros países e culturas”.

En liña cos obxectivos e prioridades do CERV, o programa promoverá a participación activa a nivel local e europeo de cara a perfilar as liñas para reforzar a identidade europea, o entendemento mutuo a través do diálogo intercultural, buscando alternativas aos desafíos que se enfronta Europa, a través de experiencias, opinións e boas prácticas, para formular solucións e propoñer novas ideas.

Para lograr estes obxectivos realizaranse actividades cunha metodoloxía innovadora, recompilación de datos, grupos de discusión, obradoiros, EU storytelling, visitas culturais e exposicións. Tamén se pretende reunir a mozos e mozas, que eventualmente teñan un maior coñecemento dos procesos políticos, institucións e historia da UE, abordando temas de actualidade.

Estas reunións temáticas desenvolveranse en cinco localidades europeas diferentes: Padrón (España), Figueira da Foz (Portugal), Hal Kirkop (Malta), Andrychow (Polonia) y Kekava (Letonia).

A finalidade última do proxecto é xerar un gran impacto na cidadanía, xa que ofrece a municipios de todos os tamaños a oportunidade de desenvolver e participar nestes tipos de proxectos e forxar lazos duradeiros de amizade entre eles.

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…