-->

O Concello e Padrón recibe da Deputación 9.000 € para a contración de orquestras

  • A subvención enmárcase no programa PEL-Concellos de Axudas ao sector das orquestras e verbenas //

  • O goberno local solicitou a axuda para o espectáculo da orquestra París de Noia durante a Pascua //

A Deputación da Coruña concedeulle ao Concello de Padrón unha subvención por un importe de 9.000 euros destinada á contratación de orquestras durante o presente ano 2022. A axuda enmárcase no programa PEL (Plan de Emprego Local)-Concellos de Axudas ao sector das orquestras e verbenas.

O Concello de Padrón solicitou a devandita subvención para o espectáculo que a orquestra París de Noia realizou durante as Festas das Pascua.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña recolle na súa edición do pasado martes, 26 de xullo, a resolución da Deputación da Coruña pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa de Axudas ao sector das orquestras e verbenas, incluído na liña 1.3 do Plan de Emprego Local. A resolución pódese consultar no seguinte enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/07/26/2022_0000004445.pdf

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…