Print this page
-->

O Derbi Asnal cativa en Padrón a tres andaluzas

  • Dúas rapazas gaditanas e unha sevillana uníronse aosdemais corredores //

  • Foi un dos eventos máis agardados e seguido das festas do Santiaguiño //

  • Participaron 16 animais na carreira //

  • O burro ‘Platero’ coroouse como gañador do derbi, e ‘Pinta’ levou o premio á mellor morfoloxía animal //

20220724 Derby Asnal 28

Padrón celebrou onte pola tarde o seu tradicional Derbi Asnal tras dous anos sen poder organizalo a causa da crise sanitaria provocada pola Covid-19. Como era de esperar nun dos pratos fortes da festa do Santiaguiño, a expectación entre veciños e turistas era máxima: 16 participantes recorreron un circuíto montado no casco histórico durante catro voltas, nas que se coroaron Moro nun terceiro posto, Bombón en segundo lugar e Platero como gran gañador do derbi. A burra Pinta, pola súa parte, gañou o premio á mellor morfoloxía asnal.

A nota de cor nesta alegre celebración puxérona tres rapazas andaluzas que se animaron a participar. Aínda que ningunha delas nunca montara en asno tiveron a oportunidade de guiar aos seus burros ata a meta, rematando o circuíto e pechando nunha posición digna.

20220724 Derby Asnal 26

O evento comezou ás oito e media aínda que a carreira se fixo agardar por vinte minutos máis. Durante esta rapidamente se dividiron os grupos gañando moito terreo facilmente Bombón e Platero, que tiveron oportunidade de adiantar nas últimas voltas aos máis rezagados.

Ao remate o equipo de goberno entregou os catro premios aos gañadores, aproveitando a oportunidade para felicitalos en persoa e agasallar aos animais cun manoxo de zenorias frescas.

Un equipo de veterinarios velou polo benestar dos burros durante todo o derbi. De feito, varios dos animais non puideron participar ao non pasar o recoñecemento dos profesionais.

A Charanga O Santiaguiño encargouse de animar do derbi nunhas rúas de Padrón ateigadas de xente.

20220724 Derby Asnal 1

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…