-->

Arrinca a segunda quenda do Campus Deportivo en Padrón con 60 nenos e nenas participantes

Roteiros en bicicleta, xogos na piscina, multideporte e subida ao Santiaguiño do Monte, actividades centrais //

A excursión ao Aquapark de Cerceda e ao parque multiaventura Galipark de Rois complementan o programa de conciliación //

 

Un total de 60 nenos e nenas participan na segunda quenda do Campus Deportivo organizado polo Concello de Padrón que arrincou este mércores, día 13, e que se prolongará ata o venres, 29 de xullo. Entre as actividades programadas ao longo destas dúas semanas atópanse os roteiros en bicicleta polo municipio de Padrón e a súa contorna. Estas saídas fanse cada mércores e requiren que cada participante traia a súa propia bicicleta e o seu casco. Tamén están programadas saídas a pé, neste caso á área recreativa do Santiaguiño do Monte; xogos na piscina da Escravitude e actividades multideporte.

Unha das actividades que suscita maior interese entre os participantes é a saída ao parque multiaventura Galipark de Rois, na que se organizan diversos circuítos de xogos. Nesta segunda quenda están programadas dúas visitas a este recinto deportivo. E, o venres 29, a excursión ao Aquapark de Cerceda, despedirá o Campus Deportivo 2022.

Cómpre subliñar que esta actividade de conciliación contou con outros 60 nenos e nenas participantes na primeira quenda, celebrada do 27 de xuño ao 12 de xullo.

20220713 Padron Cammpamento Urbano segundo turno 1

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…