-->

O Concello de Padrón distinguirá a Alfonso Rueda como Peregrino de Honra

  • A vila padronesa celebrará o Día do Peregrino na igrexa de Santiago o vindeiro mércores 20 de xullo //

  • O alcalde, Antonio Fernández, destaca o labor do presidente da Xunta na promoción do Xacobeo //

O Concello de Padrón distinguirá ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, como Peregrino de Honra. O alcalde padronés, Antonio Fernández Angueira, entregaralle esta distinción o vindeiro mércores, 20 de xullo, nun acto que se desenvolverá na igrexa parroquial de Santiago para celebrar o Día do Peregrino.

Con esta efeméride, Antonio Fernández lembra que Padrón lle rende homenaxe aos milleiros de camiñantes que visitan a vila cada ano seguindo tanto o Camiño Portugués, o segundo máis concorrido por detrás da ruta francesa, como o Camiño da Pedronía para coñecer o lugar no que desembarcou o corpo do Apóstolo.

O alcalde subliñou que o galardón que recibirá Alfonso Rueda, denominado Padrón, Berce do Xacobeo, “foi instaurado no ano 2017 polo Concello padronés para destacar o traballo realizado por persoeiros relevantes a prol do Camiño de Santiago e tamén co obxectivo de que a premiado exerza como embaixador padronés nas rutas xacobeas durante o próximo ano”. “É incuestionable _sinalou_o gran labor de promoción que o actual presidente da Xunta realizou para promocionar o Xacobeo”. Alfonso Rueda sucede no palmarés a Xesús Palmou, director da Academia Xacobea.

Os actos de celebración do Día do Peregrino comezarán ás sete da tarde coa Misa do Peregrino. Ademais, todos os camiñantes que nese día pasen por Padrón recibirán un obsequio conmemorativo na Oficina de Turismo ou no albergue municipal.    

20220720 cartel Día Peregrino

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…